Benvido a amigosmuseosgalicia.com
... entra na Historia
Alégranos que chegaras até Nós. Benvido entón.
A través destas páxinas queremos aproximarvos a quen somos, atraervos a unha actividade de sensibilización e participación co universo dos museos, que é dicir coa memoria, coa Historia do ser humano.
Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo que naceu no 1975, que foi experimentando, consolidándose, creando amigos, iniciativas, e un espazo propio, as “ Portas Ártabras”, no corazón da Cidade Vella da Coruña, tras a Colexiata e o camarín da mítica Virxe da Estrela. Aquí vos agardamos.
As actividades, as viaxes de Amigos dos Museos de Galicia tentámolas facer dende unha óptica humanista, contra o mercantilismo e a uniformación global.
Velaquí, pois un convite a probar, a saír da casa e entrar na Historia, para coñecer, querer e defender solidariamente. Abrimos as Portas Ártabras a vós, ó cosmos da Arte, da Historia, viaxando, vendo, sentindo, aprendendo.
|
VIAXE DE CINE: DE CALIFORNIA A CHICAGO
Do 11 ó 26 de Xuño do 2012
Viaxe especial para Amigos dos Museos de Galicia, con dedicación á Historia do Cine e á cidade de Chicago, así como a moitos outros aspetos culturais, arquitectónicos, artísticos, históricos, paisaxísticos do W. de EE.UU.
Desertos, montañas, praias e algunhas das paisaxes urbanas lendarias dos Estados Unidos. É unha viaxe a California a través das terras chairas e montañas do Far West, lembrando historias que foron guión cinematográfico, a febre do ouro... coñecendo a costa do surf e as misions españolas. Son máis de 3.000 kilómetros que atravesan tres das maiores excentricidades de EE UU: San Francisco, como un torreón sobre o Pacífico; Las Vegas, ese mar de neón e ambición en medio do deserto.... Los Ángeles, nós de autopistas... e Hollywood, arredor do cine, dos seus grandes e celebres estudios, das barriadas de mansións, cada cal coa súa historia feliz ou o seu drama....E como contrapunto e broche final, Chicago, esa fabulosa combinación de arte, arquitectura e estilo de vida americano. Saber Mais
|
Amigos dos Museos de Galicia ´Portas Ártabras´ Rúa Sinagoga 22 Baixo (Cidade Vella) 15001 A Coruña - Galiza - España
Información e contacto: Teléfono: 00 34 981 21 01 01 Fax: 981 21 01 01 E-mail: correo@amigosmuseosgalicia.org Web:http://www.amigosmuseosgalicia.org
Sede social: O noso local,´Portas Ártabras´. está aberto en horario: * Luns a Vernes: de 19:00 a 21:00 horas * Sábados: de 12:00 a 14:00 horas
|
Portas Ártabras
.jpg) |
Actividades
.jpg) |
Viaxes
 |
| Colaboradores e patrocinadores |
|
|
|