previous arrow
next arrow
Cuenco de Leiro
Slider

Benvida


Benvida

…Coñece algo de nós

UN COLECTIVO QUE ENTRA NA HISTORIA

APRENDER A QUERER O PATRIMONIO CULTURAL….PRA COIDALO COMO COUSA NOSA

Benvido por querer saber quen somos e o que facemos: furar por este noso mundo, enxergar que é sentir cos cinco sentidos, máis a intución, o saber e a cultura. Todo servirá como sistema métrico para calificar cousas e acontecementos, mesmo nesta sociedade do espectáculo.

A través destas páxinas queremos sobrepasar esas teorías, ás que somos tan propensos, atraervos a unha actividade de sensibilización e participación co universo dos museos, que é dicir coa memoria, coa Historia do ser humano e moi concetamente de Galicia.

Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo que naceu no 1975, que foi experimentando, consolidándose, creando amigos, iniciativas, e un espazo propio, as “Portas Ártabras”, no corazón da Cidade Vella da Coruña, tras a Colexiata e o camarín da mítica Virxe da Estrela. Un espazo, que en momentos de limitacións como mos que tocan ofrecemos a cantos conlevan unha mensaxe como a nosa. Aválanos a nosa propia historia, con tantos amigos novos, vellos e a nostalxia dos que xa non nos poden acopañar, pero saben que están na lembranza dos que temos a fortuna de seguir.

Abrimosvos as  “Portas Ártabras, como parte do cosmos da Arte, da Historia.

Viaxar con Amigos dos Museos de Galicia


Son moitos anos de experiencia acumulada a que nos permitiu tamén facer moitos amigos, sentindo paisaxes, paisanaxes, grandes e pequenos logros das civilización e da cultura. Cada viaxe é unha historia que perdura e revive na memoria dos asistentes, en

comentarios sempre óptimos. Viaxes programados  cun deseño cultural, tamén con certa complicación de itinerarios e amplitude de visitas que permitan adentrarnos na cultura dos pobos. Programas que acabarán servindo de modelo pra outras iniciativas e mellorándose nese mesmo andar.

Descargar Programa Amigos dos Museos de Galicia 2018

previous arrow
next arrow
ArrowArrow
Slider

 

Novidades


XA O NOVO PROGRAMA 2018 DE VIAXES E ACTIVIDADES

No apartado de ACTIVIDADES atoparás o  PROGRAMA 2018 de VIAXES , como sempre, nesa maxia de envolverse na cultura dos pobos que é aproveitar ao máximo días, horas, enxergando todo (enxergar é sentir e sumar canta información sexa posible).

De tódolos xeitos as nosas Portas Ártabras están abertas a escoitar, a sumar iniciativas que nos distinguen.

Máis aló dos rituais e dos convencionalismos deste tempo de postureos ou performances, quixeramos, do mellor xeito, exprear o noso agradecemento, de compartir os desexos de ben  a beleza, como decote vimos facendo no noso espazo de cultura, polos vieiros de Galicia e aínda moito máis lonxe.

 

 

 

 

 

 

 

Enderezo


Amigos dos Museos de Galicia ´Portas Ártabras´
Rúa Sinagoga 22 Baixo (Cidade Vella) 15001 A Coruña – Galiza – España

Información e contacto:
Teléfono: 00 34 981 21 01 01
Fax: 981 21 01 01
E-mail: correo@amigosmuseosgalicia.org
Web: www.amigosmuseosgalicia.org

Sede social:
O noso local,´Portas Ártabras´. está aberto en horario:
* Luns a Vernes: de 19:00 a 21:00 horas
* Sábados: de 12:00 a 14:00 horas

Galería de imaxes


Portas Ártabras Actividades Viaxes

Colaboradores e patrocinadores