O PREMIO PEDRA DO DESTINO, Á DEFENSA,CONSERVACIÓN E DIVULGACIÓN DO PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA
Convocado anualmente na celebración do 18 de maio como ´Día Internacional dos Museos´. Galardón que leva o nome ´Pedra do Destino´, a fin de rememorar o mito da viaxe de Breogán de Brigantia a Irlanda, para vingar a morte de seu fillo Ith, portando o símbolo da ´Pedra do Destino´ (na actualidade no Castelo de Edimbugo, despois de ser devolta pola Coroa Inglesa dende a abadía de Wetminster, onde estaba baixo o trono). Lendas revitalizadas polos románticos celtistas galegos. Bloco de pedra grá sobre a que se coroaban os reis célticos, segundo conta o ´Leabhar Gaabhala Eireann´ ou ´Libro das Invasións a Irlanda´, escrito no século XII e fundamentado en lendas orais moi anteriores. Se ben tamén a pedra en Galicia marca a paisaxe e a mesma identidade: chan, casa, altar, sartego...
Premio instituido no ano 1988 por Amigos do Museo Arqueolóxico, denantes de tomar a denominación de Amigos dos Museos de Galicia dpara agradecer e premiar a aquelas persoas ou agrupacións os esforzos por normalizar, conservar, difundir ou facilitar o estudo dalgúns aspecto da inmesnidade do Patrimonio Cultural de Galicia, inmoble, moble, tanxible.... Galardón dotado cunha cantidade non inferior a 3.000 euros, certificado e a suma do apoio incondiconal do colectivo ó programa premiado. Actividade para o que sempre se contou co apoio de ´Caixagalicia´. As propostas recibidas son consensuadas polos membros da asociación.
Deica hoxe recibiron o Premio Pedra do Destino
* 1988: Museo de Arte Sacro da Colexiata de Santa María * 1989: Maruxa Seoane * 1990: Isaac Díaz Pardo * 1991: Rvd. d. Candido Rguez. Campaña, párroco de Cores (Coruña) * 1992: Asociación ´A Solaina´ de Combarro (pontevedra) * 1993: Rvd. D. Elias Valiña Sampedro, párroco do Cebreiro (Lugo) * 1994: Museo Etnográfico de Oseira ´Olimpio Liste´ * 1995: Museo de Arte Sacro das Clarisas de Monforte de Lemos * 1996: Obra Social de Caixa Galicia * 1997: Felipe-Senén López * 2000: Guillermo Nogueira, Almazará de Bendilló, Quiroga, (Lugo) * 2001: Teresa Arana, pazo de Vilabade, (Lugo) * 2002: Rvd. d. Jaime López Ramón, párroco de S. Miguel dos Agros, Santiago * 2003: Real Consulado do Mar, A Coruña * 2004: Museo da Fonsagrada * 2005: Museo etnográfico da Capela * 2006: Museo Terra de Melide (A Coruña) * 2007:Ecomuseo do Forno do Forte, Buño-Malpica (A Coruña) * 2008: Museo Emilia Pardo Bazán, A Coruña. * 2009:Asociación de Viciños de Salcedo, Proba do Brollón, pola recuperación do ´Oso´
A ASOCIACiÓN DE VICIÑOS DE SALCEDO-POBRA DO BROLLÓN-LUGO RECIBE O ´PREMIO PEDRA DO DESTINO 2009´ POR MANTER AS TRADICiÓNS SIMBÓLICAS DO ENTROIDO, ENTRE ELAS A DO OSO
O pasado 18 de Maio, ´Día Internacional dos Museos´, dedicado polo ICOM nesta ocasión a MUSEOS E O TURISMO, a Directiva de Amigos dos Museos de Galicia fixo público o ´PREMIO PEDRA DO DESTINO 2009´ á salvagarda do Patrimonio Cultural de Galicia. Nesta ocasión decidiuse que o galardón, dotado coa cantidade de 3.000 euros e o apadriñamento dos Amigos dos Museos, recaese sobre a ASOCIACIÓN DE VICIÑOS DE SALCEDO, Pobra do Brollón, Lugo, pola recuperación do seu enxebre Entroido e fundamentalmente polo símbolo primaveral e fecundativo do ´Oso´, que sae do seu letargo invernal, das tebras das covas, ´invadindo´, enchendo de son de chocas e trastocando a orde rutinaria da aldea. Axudado dos seus ´criados´, acomete e emborrea de farelo e cinza a aqueles viciños que se meten no seu paso. Tradición común a moitos outros pobos montañeses de Europa, si ben o ´Oso de Salcedo´ foi obxecto de variados estudios e tema en congresos internacionais.
O acto de entrega do premio fíxose o día 5 de setembro na mesma aldea de Salcedo, cun xantar e festa enxebre á que asistiron moitos dos viciños do lugar e cincuenta representantes de Amigos dos Museos. Previamente Felipe Castro guiou ós asistentes polos vellos camiños dos sequeiros e as albarizas.
|
|
|
|