obxetivo da memoria

Ampliar imagen
Ampliar imagen
CONCURSO FOTOGRÁFICO
“OBXECTIVO DA MEMORIA”

(En vindeira convocatoria)

Ó igual que cada ano, a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, tendo entre os seus fíns a divulgación e conservación do Patrimonio Artístico de Galicia, convoca o Concurso Fotográfico “OBXECTIVO DA MEMORIA”, dedicado a temas sobre a inmensidade do Patrimonio Cultural Galego: Arqueología, Arte, Etnografía,.. Pondo preferentemente de relevo tanto a evolución como o estado da cuestión, o que se fai ou desfai, destacando aspectos relativos á reconstrucción e conservación axeitada, como ó expolio ou a destrucción á que se ven sometidos boa parte dos bens moveis e inmoveis, así como moitos costumes e festas tradicionais que forman parte da chamada memoria colectiva.

Con iste aporte fotográfico, colectivo e Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, incrementa para o futuro e para o estudo o seu arquivo fotográfico sobre o tema patrimonial dende diferentes obxectivos
.


BASES CONCURSO FOTOGRÁFICO
“OBXECTIVO DA MEMORIA”



1ª. O Premio ten carácter aberto, é decir, non é necesario pertenecer ó colectivo dos “AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA”, aínda que só poden participar fotógrafos aleccionados, con fotografías orixinais da súa autoría.

2ª. A obra pode ser en branco e negro ou cor, con tema relativo ao Patrimonio Cultural Galego: arqueología, arte, etnografía…, o seu pasado ou estado da cuestión, méritos e deméritos.

3ª. O formato das fotografías sobre papel será de 20 x 25 ou 20 x 28, sen ningún tipo de enmarques.

4ª. Sen limitación do número de orixinais por concursante.

5ª. As fotografías levarán no seu dorso:
Tema representado.
Lugar, concello e provincia no que se realizou a foto.
Data da toma.
Número de orde (se un autor presenta máis dunha fotografía).
Seudónimo do autor.
En sobre aparte pechado, figurará unha relacción de tódalas fotografías presentadas, número e título, así como a identificación do autor (nome, enderezo, teléfono ou e-mail) xunto co texto “Autorizo á Asociación dos Amigos dos Museos de Galicia a publicar estas fotografías”, asinado polo autor.

6ª. Os orixinais remitiranse por correo certificado ou entregaranse persoalmente na sede da Asociación de Amigos dos Museos de Galicia:
“Portas Ártabras” Rúa Sinagoga, 22 baixo, 15001 A Coruña,
ou no Apartado de Correos 2.245, 15080 A Coruña.

7ª. O prazo de admisión das fotografías será en vindeira convocatoria.

8ª. O xurado constituido por destacadas personalidades da cultura e profesionais da fotografía, fará unha selección de un número aproximado a 100 fotos, que posteriormente amosaranse ó público nunca exposición a celebrar no local social “Portas Ártabras”, na´Rúa Sinagoga, 22 baixo de A Coruña

9ª. O xurado otorgará os seguintes premios:
PRIMEIRO PREMIO, dotado con xxx € e Diploma.
SEGUNDO PREMIO, dotado con xxx €.
TERCEIRO PREMIO, dotado con xxx €.

10ª. Daráse noticia dos premiados nos diferentes medios de comunicación.
Os negativos das obras premiadas, pasarán ó poder de Amigos dos Museos de Galicia, condición indispensable para recibir os correspondentes premios, polo que se aconsella os concursantes que fagan copia das obras presentadas.
As demáis fotografías presentadas e non premiadas, pasarán ó poder da Asociación, reservándose o dereito a publicadas, garantindo sempre o difusión da súa autoría.
O feito de presentar algunha fotografía significa a aceptación polo autor das devanditas bases


proxeccións
conferencias
exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia