conferencias

XOVES 18 DE XANEIRO CONFERENCIA:´EL ARTE AHORA´ POR MANUEL F. CASTRO

O xoves 18 de xaneiro ás 20 h impartirase en “Portas Ártabras” a conferencia ‘El arte de  ahora’. Un percorrido pola arte do século XX-. Nela realizarase unha viaxe por moitas das manifestacións artísticas que xurdiron no devandito século. Falarase da precedentes da arte do século XX, das vangardas históricas (os chamados ‘ ismos’: cub- ismo, surreal- ismo etc), das ‘segundas vangardas’ dos anos corenta en diante: expresionismo abstracto, minimalismo, land art, body art etc, ata chegar ao final do século XX.



A charla impartiraa Manuel F. Castro, Licenciado en Belas Artes, artista plástico e profesional da arte en diversos campos creativos.



Se che interesa o mundo da arte, ou a cultura en xeral, esta será unha boa oportunidade para actualizarte en moitas das cousas ocorridas durante o século XX no ámbito da creación. É a nosa intención que saias da charla cunha visión global do sucedido no devandito século, máis clara e con máis bagaxe adquirida para saber que é o que che gusta e que é o que non de todo o que vexamos. Anímate! A charla será moi interesante!



 Entrada libre ata completar aforamento.




Fecha: 12/01/2018


artigos
conferencias
exposicións
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia