comunicados

PROXIMA XEIRA E PROGRAMA 2018 DE ACTIVIDADES DO NOSO COLECTIVO

 Como xa vimos facendo, na metade do mes de xaneiro presentaremos o programa 2018 de actividades. Si ben os cursos e as conferencias prosiguen caso todos os días da semana. os luns audiovisuais, os martes, os xoves e os venres conferencias. Precisamente neste mes de xaneiro, todos os mércores Felipe-Senén fará unha crónica da recente viaxe polo Irán,... E as xeiras comezarán o segundo  domingo de febreiro,  11,  DOMINGO DE ENTROIDO , viaxe a través do sempre cambiante e abraiante ENTROIDO OURENSÁN.   En próximos días anunciaremos tamén  VISITA ESPECIALIZADA Á EXPOSICIÓN "IN TEMPORE SUEBORUM".sumando aspectos da Alta Idade Media na s inmediacións de Ourense. Entre as viaxes longas: Portugal de arriba abaixo, a Italia Etrusca, Milán e mesmo Xapón están en programa e iremos concretando na medida que pase o tempo e clarifiquemos as ideas. Pasar as Portas Ártabras é poñerse ao día do que faremos.




Fecha: 18/12/2017


artigos
conferencias
exposicións
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia