comunicados

NORMATIVA PARA EXPOÑER EN PORTAS ÁRTABRAS

  As favorables condicións museolóxicas do espazo de cultura , " Portas Ártabras", fan que  este espoazo do noso colectivo sexa moi solictado para exposicións temporais de diferente índole, especialmente de pintura. Por todo o cal informamos da normativa para esta actividade, que fundamentalmente debe estas suxeta aos fins de sensiblización sobre a creación, a Arte e o Patrimonio Cultural. 



PARA EXPOÑER OU CEDER O ESPAZO DE CULTURA "PORTAS ÁRTABRAS"



* Preferiblemente socios (pode facerse socio)



*  Presentarase o proxecto á Directiva e deberá ser aprobado previamente por esta



* O proxecto expositivo ou actividades terná únicamente fins culturais , non lucrativos



* Amigos dos Museos de Galicia marcará as datas da exposición ou actividades segundo as posibilidades e compromisos do seu espazo de cultura "Portas Ártabras" 



* Os criterios expositivos correrán a cargo do equipo de Amigos dos Museos de Galicia, conxuntando criterios



* A difusión, apertura, peche, conferencias, etc. correrán a cargo de quen expón ou cedatario



* ´Portas Ártabras´ e Amigos dos Museos de Galicia non se responsabilizan da vixiancia e seguridade do exposto



* Ó final doarase unha obra das expostas a Amigos dos Museos de Galicia




Fecha: 08/01/2014


artigos
conferencias
exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia