conferencias

VENRES 15 DE DECEMBRO: SOBRE DUAS OBRAS DA PINTORA MARUJA MALLO

Academia Galega de Belas Artes dedicou o  día 1 de Abril, do 2017  como "Día das Artes Galegas" á pintora vivarense Maruja Mallo.  Amigos dos Museos de Galicia suma  novamente aos actos realizados para sensibilizar sobre esta creadora unha conferencia dentro do ciclo "Como  se visita un Museo". Actividade que será o venres 15 de decembro, como sempre ás 20 horas en Portas Artabras" nesta ocasión  impartida polo profesor de Historia da Arte da Universidade de Santiago Antonio Garrido Moreno, que nos adentrará en DÚAS OBRAS DE MARUJA MALLO. Amena clase que será un xeito de entender o fondo e a forma dunha obra de arte e con elo meternos nun tempo e nun contexto, o do  grupo de estudantes da Residencia de Estudantes de Madrid, o do subrrealismo e o das mulleres rebeldes "Las sin sombrero". Como é propio do noso colectivo esta é unha actividade recomendadada, de sensibilización e aberta a tod@s.



13/12/2017


artigos
conferencias
exposicións
outras actividades
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia