O LEGADO ALVARO GIL NO MUSEO DE LUGO EN LITIXIO
Ante o proceso xudicial polo que os descendentes da familia Alvaro Gil, que foi mecenas da cultura de Galicia, desexan a devolución das coleccións de arqueoloxia e arte que él fora formando con moitos atrancos e desinterese polas diferentes administracións do momento e que decidira entregar ó Museo Provincial de Lugo, Amigos dos Museos de Galicia, conscentes da significación sociocultural desta determinación, desexarian un acordo satisfactorio para todos os galegos, como sabemos gostaria ó mesmo Alvaro Gil. Por todo o cal entendemos que o problema non atanxe somentes á Deputación de Lugo ou a aquela cidade, senón a toda Galicia, e polo tanto á Xunta de Galicia. Polo cal se solicita a implicación do Goberno Galego nesta cuestión cos herdeiros de Alvaro Gil.
A Lei de Patrimonio Cultural de Galicia 8/1995 de 30 de Outubro, no seu título 1 sobre ´dos bens declarados, catalogados e do inventario xeral´, refírese ó deber de daclarar Ben de Interese Cultural aquelas mostras ´maís sobranceiras´ deste Patrimonio Cultural. Namentres que o artg. 2 di que ´bens mobles de interese cultural poderano ser de forma individual ou ben como colección, entendida esta como un conxunto de bens agrupados de xeito miscelaneo ou monográfico, logo dun longo proceso intencional de provisión ou acumulación´.
Así pois, acolléndonos á Lei, como á Constitución, a cartas internacionais, etc... entendemos que unha das manifestacións sobranceiras da cultura galega ó longo do tempo é o da ourivería prehistórica, protohistórica e antiga. Delicadas obras caracterizadas polas técnicas de elaboración, a forma e uso, tidas como antolóxicas. Por outra banda pezas de ouro xeradoras de abundantes lendas, bibliografía e incluso fonte de inspiración creadora. Florentino López Cuevillas, en ´Las joyas Castreñas´ (1951), como posteriormente moitos arqueólogos, téñense referido a esto, en base ás pegadas arqueolóxicas, documentación histórica, as referencias de pezas pérdidas a través do tempo, segundo os estudos, os contos e lendas de ´tesouros dos mouros´. Como proba as solprendentes coleccións aureas que se mostran nalgúns museos galegos. Trátase de adquisicións, doazóns, depósitos que recobran valor nestes mesmos centros, formulados no pasado, en ocasións con lagoas legais, tal como se manifestará nun futuro, no que incluso se poñerá en perigo a súa transmisión como legado cultural de Galiza. Esta é a cuestión agora sobre un herdo non ben xestionado pola adminsitración. Velaí tamén, a mais da do Museo de Lugo as coleccioóns aureas dos museos de Pontevedra , Arqueolóxico da Coruña e Ourense.
Por todo esto e coas ansias de tomar as debidas cautelas respecto á transmisión íntegra destas coleccións, desenvolver a Lei, etc, facemos unha chamada á sensibilidade, a todos os colectivos culturais e solictamos ás diferentes administracións, especialmente á Xunta de Galicia, que elaboren listados abertos das súas coleccións aureas e acolléndose á Lei, incoen expedente para a declaración de B.I.C. das coleccións máis importantes, como é a do Museo de Lugo, agora en litixio.
Fecha: 10/02/2010
|
|
|
|
|