comunicados

A FUNDACION UXIO NOVONEYRA RECIBE O ´PREMIO PEDRA DO DESTINO 2010´

O pasado domingo día 29 de agosto unha amplia representación do noso colectivo participou nunha activa xeira ó Courel, a fin de adentrarse na súa paisaxe, arqueoloxía, etnografía e historia, lembrando sempre ó poeta e amigo Uxío Novoneyra. Despois do xantar enxebre e pola tardiña, na aldea de Parada e despois de visitar detidamente a mesma casa do poeta, o fillo deste, Uxio, recibiu o ´Premio Pedra do Destino 2010´. Galardón que anualmente se da a coñecer cada 18 de maio, ´Día Internacional dos Museos´, e que neste ano dedicado pola Academia Galega ó poeta courelá, entendeu a Directiva que non había candidato mellor que a Fundación que leva seu nome e ten por obxecto a rehabilitación e revitalización da casa do poeta de Parada, ombigo do Courel, da súa obra e da súa sensibilidade. Laboura autenticamente humanista, que interacciona paisaxe e paisanaxe. O premio consta de 3.000 euros para sumar ós fins e a incondicional ofrecemento e axuda de Amigos dos Museos de Galicia nos proxectos futuros desta fundación.

31/08/2010


artigos
proxeccións
conferencias
exposicións
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia