benvida

Ampliar imagen
Ampliar imagen
Benvido a amigosmuseosgalicia.com

... entra na Historia


Agradecemos que chegaras ate Nós. Benvido entón. Estas páxinas internáuticas queren aproximar a algo moi afastado delas: ó bulir da vida, que é sentir, poñer todos os sentidos sobre canto facemos e nos nos arrodea, incluso mergullarse no onte ou aventurarse no porvir. Pódense teorizar moitas cousas, pero o que queda e o que facemos e a memoria do que desfacemos. Máis aínda hoxe cando se desgastan as palabras.
Amigos dos Museos de Galicia é un colectivo que naceu no 1975, que foi experimentando, ansiando saír das negras sombras da cova platónica, descubrindo o mundo, navegando, creando iniciativas e un espazo propio, as “Portas Ártabras”, no corazón da Cidade Vella da Coruña, tras o camarín da Virxe da Estrela e á luz do Faro de Hércules.

Estas páxinas queren achegar ó que somos: enderezos, estatutos, o programas de actividades, entre eles as xeiras, ou excursións culturais por Galicia e polo mundo. Algo do moito que hai e tentamos facer dende unha óptica humanista, a que moitas veces choca coa enganosa confección comercial e a uniformación global. Pois sabemos que o ser humano é único, que co agarimo e a amizade, solidariamente se é capaz de mover mundos, crear códigos de comunicación para enxergar misterios. E velaquí, pois un convite a saír da casa e entrar na Historia, para coñecer, querer e defender solidariamente. Sirvan as palabras para achegarse ás “Portas Ártabras”, as que estarán abertas a ese cosmos ou ansia do mellor que poida facer o ser humano, compartir a Arte, a Historia, viaxando, vendo, sentindo, aprendendo.






Enderezo:
Amigos dos Museos de Galicia
´Portas Ártabras´
Rúa Sinagoga 22 Baixo (Cidade Vella)
15001 A Coruña - Galiza - España

Información e contacto:
Teléfono: 00 34 981 21 01 01
Fax: 981 21 01 01
E-mail: correo@amigosmuseosgalicia.org
Web:www.amigosmuseosgalicia.org

Sede social:
O noso local social recibe o nome de ´Portas Ártabras´.
Podes atoparnos aquí no horario:
* Luns a Vernes: de 19:00 a 21:00 horas
* Sábados: de 12:00 a 14:00 horas








galería de imaxes
Portas Ártabras
Portas artabras
Actividades
Actividades
Viaxes
Viaxes


Colaboradores e patrocinadores


artigos
proxeccións
conferencias
exposicións
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia