actividades

Os anos andados, a experiencia e constancia do colectivo de Amigos dos Museos de Galiza para algo deberá servir. E será tanto para perfilar a súa imaxe, como para mellorar a súa actividade, acorde coas necesidades dun tempo difícil, de asedio polo consumo e a conseguinte deshumanización. Noso colectivo naceu e quere desenvólverse cos pes no chan, para implicar ao ser humano no mellor que él pode dar de si: atopar o diálogo, a creatividade levada a todo, a arte.


OS PROGRAMAS

COÑECER,QUERER E DEFENDER O PATRIMONIO CULTURAL

Este é un programa inacabado. Da propia dinámica nacen actividades improvisadas ou programadas con pouco tempo , a realizar en ´Portas Ártabras´, espacio no que tamén facilitamos información,


´COÑECER GALICIA´ (XEIRAS)

Viaxar de xeito colectivo é algo máis que aprender, é convivir, compartir o que os seres humanos fixemos e desfixemos ó longo da historia: arqueoloxía,arte, etnografía, paisaxe…Deste xeito a institución do museo proxéctase máis alá do seu continente e das vitrinas ó entorno, a ese verdadeiro escenario do acontecer cotián. Roteiros estudiados para cada estación do ano, onde sempre haberá algo novo que coñecer e reinterpretar.


´COÑECER O MUNDO´ (VIAXES -EXPEDICIONS)
Trátase de romper coa convencionalidade imperante e programar expedicións dun xeito diferente, a fin de adentrarse na historia, na paisaxe, nas xentes e na actualidade de paises lonxanos e tamén próximos. Viaxes guiados por especialistas e á medida das sensibilidades máis exquisitas.


´COÑECE A TÚA CIDADE´

A cidade define ós seus habitantes, verdadeiro museo de actores, onde todo comunica a quen sensiblemente se achega a preguntarlle ás cousas. Son estas xeiras explicadas polas propias rúas da cidade, súas intitucións, monumentos, incluso empresas..


´COÑECE OS TEUS MUSEOS´

Hai algo máis que o continente dun museo, que o mesmo contido, formado por obras de arte, por artefactos, curiosidades e explicacións. A institución do museo é un xeito científico de conservar, documentar, estudiar, divulgar ou sensibilizar. Achegarse a estos aspectos é implicarse nun patrimonio que identifica á colectividade fronte a un mundo que despersoalizadamente se uniformiza.



´LUNS DE VIAXES´


Todos os luns: series de proxeccións, creadas e animadas polo doctor José Luis García Suarez, recollendo dende a súa óptica viaxes por él realizados por toda a península e polos catro puntos cardinais do mundo.


REPASANDO A NOSA HISTORIA

Os mércores proxeccións de audiovisuais sobre costumbres, xeitos do pasado desparecidos recentemente. Parte importante da nosa memoria e importante recurso cultural.


CICLO ´COMO SE VISITA UN MUSEO´

Cursiño anual dedicado especialmente a pedagogos, estudantes de turismo, animadores culturais, co ánimo de iniciar sobre as posibilidades didácticas e limitacións que ofrece a institución do museo, incluso a forma de interpretar a cidade e o medio como un museo activo que define ós cidadáns de onte e de hoxe.


TERTULIAS,CONFERENCIAS, CURSIÑOS

Os venres: seminarios feitos de xeito teórico-práctico coa ansia de sensibilizar sobre o valor cultural das creacións e o estado da cuestión.


EXPOSICIÓNS

Cada mes, un artista distinto expón na sala principal, a cal hai que solicitar cun ano de antelación.



CELEBRACIÓNS

18 DE MAIO ´DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS´

Celebración especial dedicada a espallar a significación do museo na educación e na cultura. Entrega do ´PREMIO PEDRA DO DESTINO´ á conservación e difusión do patrimonio cultural.

BIBLIOTECA E INSTALACIÓNS

Temos, ademais, no local, unha oficina, unha ampla zona de estar e ademáis unha das xoias da Asociación: unha completa biblioteca de temas galegos que imos ós poucos, incrementando
_______________________________________________________________________

2010 : ENTRAR NOS ESCENARIOS DA HISTORIA

Dalgún xeito as páxinas que seguen tratan de dar a coñecer a actividade de Amigos dos Museos de Galicia e detrás delas a filosfía que a move, que non é máis que sensibilizar, implicar sobre o Patrimonio Cultural, como actores da nosa propia Historia. Sensibilizar é poñer en marcha os sentidos e tamén a intuición para enxergar a riqueza de canto nos arrodea e as posibilidades de podela compartir. Visitar lugares descoñecidos, voltar a aqueles outros que hai tempo non visitamos, quizais agora diferentes e con novas ofertas. Sempre as cousas están a devalar e nos mesmos mudamos… i esa é a grandeza do universo que temos a sorte de compartir. Esta é unha invitación a entrar nos escenarios da Historia.

O 2010 volta a ser un ano Santo Compostelano, unha nova oportunidade de dar a coñecer a riqueza dos camiños que converxen neste extremo occidente, na tumba dun significado Apóstolo . Os camiños que convidan a andalos, a vivilos, para entender esa filosofía tan repetida de que a vida é o camiño, e o camiño é aprender a desprenderse de todo, para atoparse co todo e coa inmensidade da nada. Ciencia e filosfía camiñan xuntas e moven preguntas, ciencia, relixión, mitos, ritos…sobre os que se erguen templos.

Iste é tamén o ano do centenario do nacemento do gran creador de formas Luis Seoane. Unha nova oportunidade para recoller as súas leccións e seguir na reflexión etica-estética/traidicón-innovación/ arte-industria…todo canto anova unha cultura, fronte ó esperpento e a zafiedade.

Por outra banda o 17 de maio diste 2010 “Día das Letras Galegas” está dedicado pola Real Academia Galega a Uxío Novoneyra, a quen moitos dos que nos seguen coñeceron nalgunha xeira a súa aldea de Parada do Courel, aquel que nos premiou decíndonos que “quen busca o Courel , súas palabras, seus versos seus soutos… ten que ser boa xente”. Quen vive na ansia de querer coñecer e compartir as posibilidades creadoras do ser humán a súa cultura, anda en ben. E eso queremos.

Grazas ós vellos amigos que compartiron con lealdade tantos anos, consolidando estas actividades, unha asociación e un espazo singular, “Portas Artabras”, benvidos ós novos, ós que abrimos esas portas e nosas mellares ansias de contribuir á madurez cultural, ese antídoto fronte o arrasador patrón da mundialización uniformadora.

_____________________________________________________________________________________


AMIGOS DOS MUSEOS DE GALICIA 2010 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

XANEIRO

* 29 venres: presentación do Programa 2010 de xeiras
* 31 domingo: primeira xeira, “da aventura”., na que os participantes descoñecen o itinerario, os puntos a visitar. A solpresa anima esta actividade ludica e cultural.

FEBREIRO

*14 domingo: tradicional xeira, lúdica-gastronómica polo entroido ourensano. “Boteiros” de Viana, “cigarróns” e “peliqueiros” de Monterrei, “pantallas” da Limia…
* 28 domingo: xeira especial á cidade de Lugo para adentrarse nas súas novas propostas culturais e museísticas

MARZO

* 14 domingo: tradicional xeira ós Ribeiros ourensáns en tempo das mimosas.
* 22 luns: asamblea anual de socios de Amigos Museos Galicia
* 20 sábado: (5 tarde) visita guiada á Fundación Luis Seoane
* 28 domingo: xeira á cidade de Pontevedra, museos i entorno.

ABRIL

* 11 domingo: xeira á cidade de Ourense, os seus museos e o seu entorno termal.
* 17 - sabado:celebración ´Día Internacional dos Monumentos e os Sitios (18 abril)
(5 tarde) visita guiada ó Pazo de Mariñán
* 25 domingo: xeira polas ribeiras do Umia , o Salnés. Caldas de Reis, Cambados, Vilagarcia ….
___________________________________________________________________

MAIO

* 9 domingo: xeira pola ría de Noia e Muros
* 18 : celebración do “Día Internacional dos Museos”. Darase a coñecer o Premio Pedra do Destino 2010 á salvagarda do patrimonio cultural galego
* 22 sábado: visita guiada ó Castro de Elviña. Arqueoloxía, historia....2
* 23 domingo: Xeira especial pola arqueología mineira do ouro do Sil:As Médulas

XUÑO

* 6 domingo : xeira pola península do Morrazo, Aldán, Hío….
* Segunda quincena :Completa viaxe cultural a Polonia.Arqueoloxía, historia, arte, cultura, curiosidades

XULLO

* 11 domingo:xeira por terras Minhotas de Mónçao e Melgaço
* 25 domingo: xeira polos misterios de Allariz. Augas Santas

AGOSTO

* 8 domingo: xeira pola Ribeira Sacra monfortina
* 29 domingo:tradicional xeira ao Courel lembrando a Novoneyra
______________________________________________________________________

SETEMBRO

* 12 domingo : xeira por terras de Bande i Entrimo
* 26 domingo : xeira especial á illa de Sálvora e península do Grove


OUTUBRO


* Primeira quincena: viaxe antológico por terra Santa, Israel, Palestina, Siria, Xordania...
* 23 sábado: visita guiada pola Cidade Vella da Coruña.
* 31 domingo: a Compostela máis descoñecida e o seu contorno
* Cursiño ´Como se visita un Museo´

NOVEMBRO

* 14 domingo: xeira e Magosto polos Chaos de Amoeiro, o Ribeiro do Miño, lembrando a Otero Pedrayo
* 20 sábado:visita ó Museo de Belas Artes da Coruña
* 28 domingo : xeira pola Terra Cha , a lembranza de Manuel María

DECEMBRO

* 4-12: Viaxe especial a cidade de Dublín i entorno: museos, literatura, arte, gastronomía… unha ciade preparada para o inverno
* 17 venres: Festa do Fin de Ano en “Portas Ártabras”.
* Convocatoria do concurso fotográfico “Obxectivo da Memoria” .

_____________________________________________________________________________________

_____________________________________________________________________________________




 
Archivo PDFActividades dos Amigos dos Museos de Galicia para o ano 2009 Descargar ArchivoDescargar

artigos
proxeccións
conferencias
exposicións
próximas xeiras
comunicados
Ligazóns  |  Aviso legal  |   Desarrollo web: Brigantia